Sobre min

Son profesor titular de literatura comparada na Universidade de Santiago de Compostela, onde dirixín entre 2012 e 2015 a Cátedra Jean Monnet «A cultura da integración europea», e catedrático honorario na Universidade de Sichuan. A miña investigación e docencia céntranse na literatura comparada, a idea de literatura europea, literaturas pequenas/menores, ecocrítica, cosmopolitismo, migración, xeografía literaria, tradución, estudos transatlánticos e literatura mundial. Presidente do Réseau européen d’études littéraires comparées entre 2013 e 2015, na actualidade son vicepresidente da Sociedad Española de Literatura General y Comparada, secretario do Coordinating Committee for the Comparative Literary History in European Languages da International Comparative Literature Association, membro da Academy of Europe, membro do Stockholm Collegium of World Literary History e membro do comité científico do Harvard Institute for World Literature, entre outras responsabilidades científicas e profesionais. Tódalas miñas publicacións están dispoñíbeis en academia.edu. Para o meu CV completo, preme aquí.

 

ORCID ID 0000-0003-1226-3337

Researcher ID A-1429-2015

GI-1371 Teoría da literatura e Literatura comparada

 

Materias actuais

G5041611. «Do teu verdor cinguido»: Ecocrítica

G5041609. O século do xenocidio: realidade e ficción do mal absoluto

P5191203. Realismo máxico galego

 

Últimas publicacións

Introducing Comparative Literature: New Trends and Applications (Routledge, co-escrito con Haun Saussy e Darío Villanueva, 2016). No ano 2017 o libro foi traducido ao castelán pola editorial Taurus co título Lo que Borges enseñó a Cervantes. Introducción a la Literatura comparada

A Comparative History of Literatures in the Iberian Peninsula. Vol. 2 (John Benjamins, co-editado con Anxo Abuín e Ellen Sapega, 2016)

Cosmopolitanism and the Postnational: Literature and the New Europe (Brill – Rodopi, co-editado con Theo D’haen, 2015)

Contemporary Developments in Emergent Literatures and the New Europe (Universidade de Santiago de Compostela, co-editado con Manus O’Dwyer, 2014)

Literatura europea comparada (Arco/Libros, 2013)

World Literature. A Reader (Routledge, co-editado con Theo D’haen e Mads Rosendahl Thomsen, 2013)

 

Proxectos

    

         

Redes profesionais

academia.edu
Open Science Framework
Google Scholar
linkedin